| ISBN | 9788482886619 |
| Autor/a: | Rivas, Manuel |
| Editorial: | Editorial Galaxia |
| Colección: | Literaria |
| Nº páginas: | 188 |
| Formato: | Tapa blanda o Bolsillo |
| Medidas: | 210 x 135 mm. |
| Idioma: | Gallego |
| Año publicación: | 2009 |
Precio:14,00 €
Premio Torrente Ballester 1995 Premio Nacional de Literatura 1996. Este libro, un dos máis recoñecidos do autor, é un conxunto de relatos que rescatan a grandeza do pequeno. Manuel Rivas ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un libro de extrema sensibilidade, que contén os contos que foron levados ao cine no filme A lingua das bolboretas. Premio Nacional de Narrativa e Premio Torrente Ballester, este libro de relatos de Manuel Rivas (A Coruña, 1957) supuxo a súa consagración definitiva como narrador. Un orixinal universo literario que enxalza a grandeza do pequeno, que descobre o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco. Unha ollada dura e, ao tempo, delicada sobre ese territorio no que a realidade linda cos soños, onde se agocha a verdade de cadaquén.